Xunta e deputacións abordarán este martes a situación de folga nos parques comarcais de bombeiros

Será, precisaron, nun encontro telemático "para retomar as conversacións de agosto despois da firma do protocolo", dixeron despois do acordo de colaboración subscrito polo vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e os representantes provinciais.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/09/2023 | Actualizada ás 17:23

Comparte esta noticia

Xunta e deputacións provinciais abordarán este martes, día 5, a situación nos parques comarcais de bombeiros, segundo confirmaron a Europa Press fontes autonómicas. Será, precisaron, nun encontro telemático "para retomar as conversacións de agosto despois da firma do protocolo", dixeron despois do acordo de colaboración subscrito polo vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e os representantes provinciais.

En concreto, asistiron os presidentes das deputacións de Ourense, Luís Menor, e de Pontevedra, Luís López, e os deputados José Ramón Rioboo e Pilar García en representación das da Coruña e Lugo, respectivamente.

O acordo, asinado en agosto, fixou a vontade de colaborar entre as administracións de face á firma dun convenio colectivo en cada un dos consorcios. O encontro deste martes terá lugar no marco da folga que manteñen os bombeiros destes parques en demanda da 'homoxeneización' das condicións laborais.

Nun comunicado, o comité de folga informou que este martes, no Consello Galego de Relacións Laborais, a petición dos traballadores, hai convocada unha reunión "coa intención de achegar posturas". No entanto, precisaron que as administracións aínda non confirmaron asistencia.

SEN A PARTE SOCIAL

O encontro desenvolverase sen presenza dos representantes dos traballadores que, nun comunicado asinado polo comité de folga --composto por CIG, UGT, CC.OO., Sibgal, USO e CSIF-- sinala que había para este martes unha convocatoria de reunión no Consello Galego de Relacións Laborais con Xunta e deputacións que non levará a cabo ante a existencia da outra cita.

Os sindicatos apuntan que tiveron constancia desta situación a través dunha chamada telefónica realizada no mediodía deste luns na que as administracións propuxeron trasladar á próxima semana a reunión coa parte social, aínda que, din, todavían non sinalaron unha data concreta.

Protesta de bombeiros comarcais en Santiago
Protesta de bombeiros comarcais en Santiago | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta