O Álbum de Galicia do Consello da Cultura Galega recolle o traballo e biografía da fotógrafa Ruth Matilda Anderson

Durante case un ano e medio en terras galegas, Ruth Matilda Anderson realizou unhas 7.000 fotografías nas que convivían as perspectivas da autora e coleccionista, ademais de marcar a distintos fotógrafos galegos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/09/2023 | Actualizada ás 14:43

Comparte esta noticia

A historia da fotógrafa americana Ruth Matilda Anderson e o seu legado entrou a formar parte do Álbum de Galicia, a colección de biografías dixitais do Consello da Cultura Galega, nunha entrada asinada por Vitor Vaqueiro.

En 1921, a Hispanic Society encomendou á fotógrafa o labor de viaxar á Península Ibérica para desenvolver un traballo de documentación baseado en imaxes dos traxes tradicionais e noutras manifestacións da cultura material galega. Desa encomenda saíron varias viaxes que resultaron na documentación máis completa sobre Galicia realizada por unha persoa estranxeira.

Durante case un ano e medio en terras galegas, Ruth Matilda Anderson realizou unhas 7.000 fotografías nas que convivían as perspectivas da autora e coleccionista, ademais de marcar a distintos fotógrafos galegos.

Todo ese material foi parar aos fondos da colección da Hispanic Society of America, e de aí saíron dous volumes, entre os que destaca 'Gallegan province of Spain. Pontevedra and A Coruña', que foi publicado en Nova York en 1939.

Nese volume recóllense 682 imaxes, un longo texto, e fotografías de autores gallegso como Ksado, Sarabia, Pacheco, xunto a obras doutros fotógrafos españois. Así mesmo, recolle obras de pintores como Soroya ou Álvarez de Sotomayor.

Ademais das imaxes, inclúense outros elementos como gravados, obxectos artísticos tridimensionais, documentos, planos ou partituras de música.

Vitor Vaqueiro explicou que, aínda que inicialmente a fotógrafa tiña encargado facer fotos dos traxes tradicionais e outros aspectos moi concretos, acabou elaborando unha "panorámica" do país, reflectindo cidades e pobos, arquitectura tradicional e relixiosa, traballos artesáns, mercados e feiras, actividade mariñeira e do campo, retratos, festas, pazos, etc.

Na entrada do Álbum, Vaqueiro tamén destaca que, ademais da mirada fotográfica, Ruth Matilda Anderson "debeu desenvolver unha gran capacidade de conexión, que lle permitiu ter acceso ao interior de casas populares ou coñecer nomes do panorama cultural da época, coom César Vaamonde Lores, arquiveiro-bibliotecario da Academia Galega".

A presenza de Anderson en Galicia, acompañada pola moza neoiorquina Frances Spalding, espertou unha gran atención, polo feito de ser mulleres novas, autónomas e profesionais, que contrataban moito coa sociedade galega de entón.

ÁLBUM DE GALICIA

En xaneiro de 2020, o Consello da Cultura Galega presentou o Álbum de Galicia, unha colección dixital de biografías de persoas que destacaron en diversos ámbitos: social, cultural, científico ou empresarial.

O obxectivo é dar visibilidade a homes e mulleres xa falecidos que contribuíron de maneira significativa á sociedade galega ao longo da súa historia. Así, entre as súas 680 entradas, as máis recentes son as de Gustavo Pernas Coras, Fillas de Galicia, Inocencio Schmidt de las Heras, Alfonso X O Sabio.

As biografías están enriquecidas con material documental, referencias bibliográficas ou contido multimedia, así como textos e materiais producidos por expertos.

A fotógrafa americana Ruth Matilda Anderson.. CCG
A fotógrafa americana Ruth Matilda Anderson.. CCG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta