O 061 atendeu case 2.000 persoas por accidentes de tráfico nos meses de verán

As chamadas de demanda por esta causa xeraron 1.479 asistencias sanitarias dos recursos asistenciais mobilizados pola Central de Coordinación.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/09/2023 | Actualizada ás 14:01

Comparte esta noticia

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante este verán, desde as 15,00 horas do venres 30 xuño ata as 23,59 horas do 3 de setembro, a 1.951 persoas.

Segundo informou a Xunta nun comunicado, a Central de Coordinación do 061, recibiu neses días 1.808 chamadas en relación con sinistros nas estradas galegas.

As chamadas de demanda por esta causa xeraron 1.479 asistencias sanitarias dos recursos asistenciais mobilizados pola Central de Coordinación.

Así, a proporción de homes e mulleres atendidos foi do 58% e do 42% respectivamente. En canto ás idades dos feridos, observaron que o 25% das persoas atendidas tiñan entre os 45 e os 59 anos.

Por provincias, na que máis accidentes se rexistraron foi na Coruña, con 578 sinistros de tráfico. Nas demais, Lugo contou con 166, Ourense con 164 e Pontevedra con 571.

Os recursos sanitarios mobilizados foron un total de 1.783. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en 163 accidentes, o helicóptero medicalizado en 27 ocasións, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 1.480 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria en 133 accidentes.

En 1.626 casos os feridos foron trasladados aos centros hospitalarios correspondentes, 304 persoas foron asistidas no lugar do suceso e 21 persoas faleceron no punto.

Helicóptero de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. 061
Helicóptero de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. 061 | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta