O BNG recrimina ao Goberno central "non facer nada" na ponte onde ocorreu o accidente de bus con sete mortos

Así o trasladou o deputado Néstor Rego a través dunha pregunta parlamentaria na que insta ao Goberno central facer reformas na estrada nacional entre Ourense e Pontevedra, "unha das máis perigosas do Estado".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/09/2023 | Actualizada ás 19:45

Comparte esta noticia

O BNG reprochou ao Ministerio de Transportes que case nove meses despois do accidente de autobús no municipio de Cerdedo-Cotobade no que morreron sete persoas ao caer ao río Lérez aínda non acometese obras para mellorar a seguridade nin na ponte de Pedre nin na estrada N-541.

Así o trasladou o deputado no Congreso, Néstor Rego, a través dunha pregunta parlamentaria na que insta o Goberno central a levar a cabo unha reforma integral da estrada nacional entre Ourense e Pontevedra, sinalada como "unha das máis perigosas do Estado".

"A N-541 figura estre os viarios con maior sinistralidade nas listaxes de RACE. Unha posición que se repite ano tras ano sen que se adopten medidas para a súa mellora, acondicionamento e rehabilitación", sinalou Rego, que advirte que, precisamente, os puntos máis perigosos desta vía son os que transcorren por Cerdedo-Cotobade e por Forcarei.

No primeiro concello citado ocorreu o accidente de autobús no que na pasada Noiteboa faleceron sete persoas ao precipitarse ao río Lérez desde a ponte de Pedre, unha traxedia que, a xuízo de Rego, debería supor un "punto de inflexión" para que se axilizasen actuacións na zona.

Con todo, lamenta que máis de oito meses despois do sinistro, ao que seguiu semanas despois a morte dun motorista a menos de 10 quilómetros de distancia na mesma estrada, o ministerio "aínda non fixo nada" a pesar de considerar as obras como unha "prioridade".

DIADA DE CATALUNYA

Por outra banda, o BNG comunicou este sábado que estará representado nos actos da Diada de Catalunya que se celebra este luns 11 de setembro a través da eurodeputada Ana Miranda e o presidente da Fundación Galiza Sempre, Rubén Cela.

A responsables da área Internacional da formación frontista participarán en actos a partir deste domingo, cando asistirán a unha conferencia sobre o dereito a decidir no campus da Universitat Pompeu Fabra.

Xa o luns 11, a delegación do Bloque participarán na ofrenda floral fronte ao monumento a Rafael Casanova e, máis tarde, acudirán ao acto político organizado por Esquerra Republicana de Catalunya.

Un equipo especializado da Garda Civil participa na reconstrución do accidente do autobús sinistrado no río Lérez / Europa Press / Europa Press
Un equipo especializado da Garda Civil participa na reconstrución do accidente do autobús sinistrado no río Lérez / Europa Press / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta