As axudas para particulares e concellos destinadas ao coidado da paisaxe convocaranse antes de final de ano

Nesta ocasión volverá haber dúas ordenes diferenzadas de axudas, unha destina a propietarios particulares e outra a concellos de menos de 20.000 habitantes.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/09/2023 | Actualizada ás 18:19

Comparte esta noticia

A Xunta realizará antes de final de ano a cuarta convocatoria consecutiva das axudas a particulares e concellos para o coidado das paisaxes e a sensibilización da cidadanía neste ámbito.

Así o avanzou este martes a vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, durante unha visita á actuación realizada polo concello ourensán de Ramirás no marco destas axudas.

Vázquez sinalou que nesta ocasión volverá haber dúas ordenes diferenzadas de axudas, unha destina a propietarios particulares e outra a concellos de menos de 20.000 habitantes. Os principais obxectivos destas axudas son o coidado e a protección da contorna e da paisaxe, tanto en espazos públicos como en propiedades privadas, e a sensibilización da cidadanía nesta materia.

Turbeiras e paisaxe afectada polo parque eólico que Naturgy quere facer entre os concellos de A Estrada, Campo Lameiro e Cerdedo-Cotobade
Turbeiras e paisaxe afectada polo parque eólico que Naturgy quere facer entre os concellos de A Estrada, Campo Lameiro e Cerdedo-Cotobade | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta