Pontevedra ponse en alerta: farmacéuticos inician unha campaña sobre a prevención e o control do mosquito tigre

O Colexio de Farmacéuticos provincial trasladará á Consellería posibles incrementos significativos de picaduras deste insecto.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 13/09/2023 | Actualizada ás 15:49

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade, a través da Dirección Xeral de Saúde Pública, en colaboración co Colexio de Farmacéuticos de Pontevedra, iniciou unha campaña de información en farmacias sobre a prevención e o control do mosquito tigre. Así, a subdirectora xeral de programas de control de riscos ambientais para a Saúde, Inés Mato Naveira, acompañada pola xefa territorial de Sanidade de Pontevedra, Natalia Botana Rey, e polo vogal do Colexio de Farmacéuticos de Pontevedra, José Antonio Fornos Pérez, visitaron en Moaña unha das farmacias que contan con carteis informativos e que colaborarán no traslado de posibles incrementos significativos de picaduras de insecto, dado que actualmente a área sanitaria de Vigo non detectou unha incidencia superior á habitual.

Con esta campaña, a Dirección Xeral de Saúde Pública destaca a relevancia da colaboración cidadá para o control deste vector de enfermidades como o virus do dengue, chikungunya ou Zika. Deste xeito, trasládanse as recomendacións para non contribuír á proliferación do mosquito tigre, evitar a súa picadura e fomentar o uso da app Mosquito Alert, coa que se permite enviar fotografías de mosquitos detectados, posibles lugares de cría e mesmo picaduras de mosquito que sexan validadas por expertos do Consello Superior deInvestigaciones Científicas (CSIC) e da Rede Galega de Vixilancia de Vectores (ReGaViVec).

Ademais, despois da formación que Sanidade impartiu na delegación territorial da Xunta en Pontevedra para os concellos da zona, a Dirección Xeral de Saúde Pública, en colaboración co Colexio de Farmacéuticos de Pontevedra, prevé realizar unha formación específica dirixida a profesionais farmacéuticos comunitarios da provincia na que se detectaron exemplares de Aedes albopictusNa páxina web do departamento sanitario autonómico facilítase información detallada sobre o mosquito tigre e o programa de xestión integrada dispoñible para os concellos.

Sanidade e os farmacéuticos de Pontevedra inician unha campaña sobre a prevención e control do mosquito tigre
Sanidade e os farmacéuticos de Pontevedra inician unha campaña sobre a prevención e control do mosquito tigre | Fonte: XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta