Case mil persoas opositarán este sábado a 89 prazas de policía local en 24 concellos galegos

A proba terá unha duración de 120 minutos e non se concederá tempo a maiores.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/09/2023 | Actualizada ás 18:02

Comparte esta noticia

Case 1.000 persoas participan este sábado nos primeiros exercicios do proceso selectivo de acceso a 89 prazas de Policía Local convocadas por 24 concellos de Galicia.

Segundo informou a Xunta, o exercicio consistirá nunha proba de avaliación de coñecemento tipo test de 120 minutos con 100 preguntas e catro respostas propostas polo tribunal das cales só unha é correcta.

O tribunal acordou incluír no cuestionario, un total de 10 preguntas de reserva, que no suposto que se anule algunha das cuestións da proba de coñecementos, terase en conta e puntuarase igual que as do resto do exercicio. A proba terá unha duración de 120 minutos e non se concederá tempo a maiores.

As cuestións están relacionadas cos 40 temas que compoñen o contido teórico de acceso. Entre elas están dereito constitucional e penal, policía administrativa, tráfico e seguridade viaria, así como deontología policial, violencia de xénero e dereitos humanos.

Tamén este sábado as persoas non exentas terá que someterse ao segundo exercicio da oposición que é a proba de avaliación de coñecemento da lingua galega. Isto consistirá na tradución dun texto do castelán ao galego e outro do galego ao castelán e terá unha duración máxima dunha hora.

As 300 persoas aspirantes que resulten aprobadas con mellor cualificación na proba de avaliación de coñecementos serán convocadas ao terceiro exercicio correspondente ás probas físicas sempre que sexan aptas na proba de coñecementos da lingua galega ou estean exentas de realizala. O proceso tamén prevé unha proba psicotécnica para determinar as actitudes e aptitudes persoais e a súa adecuación ás funcións policiais.

Os exercicios finalizan cun recoñecemento médico para garantir que os aspirantes estean nas condicións adecuadas para o desenvolvemento das funcións policiais. As persoas que cheguen ao final do proceso deberán superar o curso selectivo de formación teórica e práctica na Academia Galega de Seguridade Pública.

Recinto feiral de Silleda (Pontevedra) durante as oposicións do Sergas.. XUNTA
Recinto feiral de Silleda (Pontevedra) durante as oposicións do Sergas.. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta