Ondas de 4 metros no litoral da Coruña na noite deste mércores

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/09/2023 | Actualizada ás 09:43

Comparte esta noticia

A costa noroeste da Coruña e a Costa da Morte estarán este mércores en aviso amarelo, entre as 21,00 horas e a madrugada do xoves, por mar de fondo con ondas que poden alcanzar o catro metros.

Segundo informa Meteogalicia, está previsto que este aviso amarelo por mar de fondo se preolongue ata as 3,00 horas da madrugada do xoves.

Unha nova fronte atlántica traerá este mércores un ascenso das temperaturas máximas, que subirán na área cantábrica, alto Ebro, Ibérica e Xirona, segundo a predición da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) que alerta de intervalos de vento forte no litoral noroeste de Galicia e de levante na área do Estreito, polo que se activarán os avisos costeiros en Cádiz.

Unha persoa corre pola praia na Coruña
Unha persoa corre pola praia na Coruña | Fonte: Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta