A Xunta destinará máis de 15 millóns ao bono deportivo para escolares federados

A previsión é que entre en vigor o próximo mes de xaneiro e suporá unha axuda de 120 euros para un 130.000 posibles beneficiarios.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/09/2023 | Actualizada ás 16:29

Comparte esta noticia

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, iniciou este mércores co Clúster Galego da Industria do Deporte e do Benestar a rolda de contactos co sector para informarlles sobre o Bono Deporte, que a Xunta vai incluír nos orzamentos de 2024 cunha partida que superará os 15 millóns e coa previsión de que entre en vigor o próximo xaneiro.

No encontro tamén participou o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, e, por parte do Clúster: a xerente, Sofía Toro, e o presidente da xunta directiva, José Amado. O vicepresidente primeiro remarca que o Bono Deporte suporá unha axuda de 120 euros para uns 130.000 posibles beneficiarios. Vai dirixido a nenos deportistas con licenza federada ou do programa Xogade de entre 6 e 16 anos, co obxectivo de axudar "a aliviar o esforzo económico que supón para as familias galegas sufragar os gastos dos seus fillos e fillas que practican deporte".

"Sabemos que moitas familias galegas están a pasar apuros para facerlles fronte aos gastos das actividades deportivas", apunta Calvo. O Bono Deporte suporá un apoio nas compras de material e equipamento deportivos, a asistencia a clases ou a inscrición nun centro deportivo. Calvo indica que tamén suporá incentivar compras no comercio galego.

Varios nenos xogan ao fútbol nun patio de colexio, a 25 de outubro de 2021
Varios nenos xogan ao fútbol nun patio de colexio, a 25 de outubro de 2021 | Fonte: Alejandro Martínez Vélez - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta