Cortes puntuais na autoestrada Carballo-A Coruña para a próxima semana por arranxos do firme

Así, sinalizarase cada zona de traballo e habilitaranse os correspondentes desvíos, segundo informa a Xunta nun comunicado.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/09/2023 | Actualizada ás 15:00

Comparte esta noticia

A autoestrada autonómica Carballo-A Coruña (AG-55) contará con cortes puntuais entre o luns e xoves, do 2 ao 5 de outubro, da próxima semana debido aos traballos para arranxar o firme da vía. Sempre que o tempo permítao, os previsto son actuacoines nos ramais das ligazóns situadas nos quilómetros: 8 (Sabón), 29 (Carballo este) e 33 (Carballo norte).

Así, sinalizarase cada zona de traballo e habilitaranse os correspondentes desvíos, segundo informa a Xunta nun comunicado. Ademais, o venres, 6 de outubro, realizaranse traballos de reforzo de firme en carrís de saída e entrada de varias ligazóns, que só requirirá o corte na zona de traballo, polo que a circulación terá lugar por carrís adxacentes.

En total, actuarase sobre características superficiais do firme en 64.900 metros cadrados e estruturais en 29.667 metros cadrados. O orzamento nesta autoestrada e na do Val Miñor (AG-57) Vigo-Baiona, cun orzamento de 1,2 millóns.

Autoestrada
Autoestrada | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta