Ángel Carracedo, consuelo Castro e Ricardo Gurriarán, premios Peña Novo

O xurado destaca o compromiso dos galardoados coa promoción e defensa do galego.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 26/05/2015 | Actualizada ás 12:51

Comparte esta noticia

O xurado dos Premios Peña Novo, na súa XXI edición, decidiu premiar a traxectoria do xenetista Ángel Carracedo Álvarez, da avogada Consuelo Castro e do historiador e escritor Ricardo Gurriarán.

Ángel Carracedo
Ángel Carracedo | Fonte: USC

Ángel Carracedo é catedrático de Medicina Legal da USC, director da Fundación Pública Galega de Xenómica, institución que está a avangarda na investigación de enfermidades raras. É o científico galego con maior proxección internacional. O xurado destaca o seu compromiso persoal a prol da lingua galega que "visibiliza con orgullo".

Consuelo Castro Rey é xefa Territorial da Avogacía do Estado en Galicia. Destaca polo seu compromiso coa lingua, tanto na avogacía do EStado como nas súas intervencións públicas. O xurado considera que a súa "actitude positiva fronte a utilización do idioma galego nos cargos de alta dirección na Administración visibiliza o traballo das mulleres na defensa dos nosos valores identitarios".

Ricardo Gurriarán Rodríguez é director da área de Historia da Fundación 10 de Marzo. O xurado da Fundación Lois Peña Novo destaca o seu traballo pedagóxico e a súa labor de investigación na procura da reconstrución da memoria colectiva. Tamén salienta a novidade das súas achegas científicas a unha disciplina na que había "evidentes lagoas para o coñecemento do acontecer social". 

O xurado estivo composto polo catedrático de Electromagnetismo da USC e Director do Departamento de Física aplicada da USC, Jorge Mira; Antón Fernández, profesor titular no Campus de Pontevedra; Elva Campo, avogada; Olga Failde, avogada; Antón Dobao, lingüísta da TVG e escritor e Carme Pérez, secretaria da Fundación Lois Peña Novo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 auluna

Pois veña... a ver AC se da a primeira clase en galego!