Adiverten do peche de "máis de dous comercios pequenos ao día" durante o verán en Galicia

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/10/2023 | Actualizada ás 17:29

Comparte esta noticia

A asociación de autonómos Agtamar UPTA advertiu que este verán pecharon en Galicia "máis de dous comercios pequenos ao día", polo que demandou un "plan de rescate" para o comercio tradicional.

Nun comunicado emitido tras coñecerse este martes os datos de afiliación á Seguridade Social do mes de setembro, UPTA destacou que o noveno mes do ano concluíu en Galicia cunha perda de 501 autónomos.

Os datos ofrecidos polo Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións sitúan o número de afiliados ao RETA en 206.754 polos 206.255 que había o mes anterior. "O pequeno comercio está a perder cada vez máis actividades económicas, este pasado verán desapareceron 45 pequenos comercios ao día, unha cifra inasumible. Un país como o noso non pode permitirse o luxo de que a distribución de bens de consumo diario quede en mans unicamente das grandes empresas", aseverou o presidente de UPTA España, Eduardo Abad.

Unha muller observa o escaparate aceso dun comercio
Unha muller observa o escaparate aceso dun comercio | Fonte: César Argina - Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta