Críticas pola decisión do Goberno central de licitar a estación intermodal de Ourense

Jácome e o BNG denuncian que esa decisión non en sentido.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/10/2023 | Actualizada ás 18:14

Comparte esta noticia

O rexedor de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, lamentou este martes a decisión do Goberno Central de volver licitar o proxecto das obras da estación intermodal de Ourense, unha situación que, dixo, el mesmo xa "anunciou en primicia hai uns días, antes de que fose realidade".

Jácome lembrou que esta actuación, orzamentada en máis de 130 millóns de euros, xa estaba licitada e "lista para adxudicarse" e afeou que a nova licitación "supón volver empezar de cero" e atrasar a súa execución, o que cualificou de "nova humillación" para a cidade.

"Denunciamos hai uns días que isto ía suceder e hoxe fíxose público", dixo Jácome, sinalando que esta intervención, que "leva máis dunha década de atraso", "volve ao momento de partida".

A actuación transformará a estación de Ourense, triplicando o espazo para viaxeiros e dotándoa de 11 vías, das cales tres delas estarán destinadas á alta velocidade. MITMA
A actuación transformará a estación de Ourense, triplicando o espazo para viaxeiros e dotándoa de 11 vías, das cales tres delas estarán destinadas á alta velocidade. MITMA

BNG

Desde o Bloque Nacionalista Galego tamén criticaron a noticia da nova licitación, afeando que é "un paso máis na consolidación dun proxecto que non responde as necesidades reais da cidade".

Os nacionalistas puxeron o foco na necesidade de modificar o proxecto co obxecto de permitir o traslado das mercadorías ao Polígono de San Cibrao das Viñas, unha decisión que, aseguran, goza de "un amplísimo consenso" social, político e empresarial.

Ademais, o portavoz nacionalista municipal, Luís Seara, cuestiona, do mesmo xeito que o alcalde da cidade, o feito de que se manteñan un total de once vías, tres delas reservadas á alta velocidade. "Non entendemos e tampouco se nos explica para que se precisan oito vías de tipo convencional", sostén o nacionalista.

PROXECTO

O Consello de Ministros autorizou este martes ao Ministerio de Transporte a licitar a través de Adif Alta Velocidade as obras de ampliación e remodelación da estación, cun valor estimado de 134,8 millóns de euros.

Mediante un comunicado, desde o Ministerio explican que a estación "se converterá nun nodo da mobilidade sustentable e intermodal no noroeste do país" para responder o incremento de tráfico "asociado á liberación e á modernización da liña Monforte de Lemos e Lugo".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta