O BNG dá por bos os resultados

A Executiva remite un escrito aos militantes nos que destaca que os resultados “superan os obxectivos cuantificados fixados polo Consello Nacional” e que serán "decisivos" en tres deputacións. Con todo, recoñecen dificultades no entorno urbano.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 26/05/2015 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

Os resultados obtidos superan, no fundamental, os obxectivos cuantitativos fixados polo Consello Nacional na súa reunión do 14 de marzo de 2015, en que, por unanimidade, acordaba tomar como referencia, para a súa mellora, os resultados das eleccións ao Parlamento da Galiza de 2012 (145.389 votos e unha porcentaxe do 10,16%), por marcar os ciclos políticos no noso país, e ser -o das autonómicas- o proceso electoral en que tradicionalmente o BNG obtén os mellores resultados”.

Executiva do BNG
Executiva do BNG | Fonte: bng-galiza.org

Esta é unha das explicacións que a Executiva Nacional do BNG lle remitiu aos seus militantes nunha circular á que tivo acceso Galicia Confidencial e que consta de sete puntos. Así, neste comunicado,  a dirección nacionalistas destaca que o proceso electoral “confirma que o pobo galego existe, tamén cun mapa político específico, e cunha expresión política propia: o BNG-Asembleas Abertas”.

Deste xeito, suliña que o nacionalismo galego segue sendo “un axente político significativo e imprescindíbel na Galiza”. “É o único elemento que permite confirmar a existencia dun mapa político propio, galego e diferenciado fronte ao resto do Estado”, asegura.

O BNG-Asembleas Abertas obtivo 189.106 votos e un total de 468 concelleiras e concelleiros, cunha porcentaxe do 12'9%. Uns datos inferiores aos obtidos hai catro anos pero que garante tamén a súa presenza nas catro deputacións provinciais. “En tres delas de xeito decisivo”, indica sobre as deputacións de Lugo, Pontevedra e A Coruña, onde podería co-gobernar. 

Por iso, avanza que a posición de voto na conformación das novas corporacións locais “será contrastada colectivamente, contando cos criterios local, comarcal e nacional, sen pactos nacionais mecánicos ou a calquera prezo, como ten previamente avaliado o Consello Nacional”.

“Con estes resultados, o BNG consolida posicións e recupera claramente o papel de terceira forza política no noso país”, recolle este escrito. Esta formación gañou alcaldías con maioría absoluta en 13 concellos (Allariz, Bueu, Castrelo de Miño, Ribadeo, Vimianzo, Zas, A Pobra de Brollón, Carballo, Carnota, Mazaricos, Moeche, San Sadurniño e Tomiño) e tivo alcaldías con maioría en Pontevedra, Poio, Rianxo e Santiso. Tamén ten “probabilidade aritmética de obtención de alcaldías” en, cando menos, Moaña, As Neves, Barro, Ponteareas, Fene, Muras, Viana do Bolo, A Mezquita, Pontecesures e Baños de Molgas.

Sen embargo, os nacionalistas tamén recoñecen que os resultados, “sendo dignos, non son satisfactorios para nós”, especialmente, polo resultado das grandes cidades, agás Pontevedra. “Aínda tendo presente o feito de as cidades representar o 35% do censo electoral -existindo por tanto outro 65% da poboación que habita noutros concellos- somos conscientes da súa importancia cualitativa. Lamentamos, en concreto, a perda de representación en Vigo e Ourense. Esta realidade confirma a necesidade de mellorarmos os métodos de traballo político, especialmente nos espazos urbanos”, apunta.

A Executiva nacionalista volve destacar, novamente, o traballo realizado pola súa militancia que foi, di, “clave” para “superar as limitacións dunha campaña en inferioridade de condicións a outras formacións que tiveron en algúns medios de comunicación bos valedores á hora de conformar tendencias de voto”.

“Finalmente, queremos trasladar unha mensaxe de ánimo e fortaleza. Fixemos unha campaña digna, de popularización da alternativa nacionalista para os concellos, nun contexto ben difícil, determinado pola preponderancia de dinámicas españolas á hora de condicionar o comportamento electoral do noso pobo. E todo isto coas nosas propias mans, coa forza da militancia e das mulleres e homes que acreditamos e defendemos unha Galiza soberana. Ese é o noso maior orgullo”, remata o escrito.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 62 comentarios

28 Cazapantasmaa

Na Coruña paassaron de maioría absoluta do PP, a victoria de marea Podemos. Ou os coruños deitaronse neo liberáis e se levantaron "anticapitalistas", ou non ven tanta diferenza entre uns e outros. A ver cando POTEMOS se presente só as xerais e autonñomicas, a IU-AGE non lle pase coma a IU no seu feudo andaluz e desapareza do mapa político, porque iso de falsificar marcas, coma nas feiras, vai durar sempre. Unha magoa a perda de votos significativa do independentismo da CUP, ERC, EH-Bildu e BNG, verdadeiras victimas do novo PSOE de Felipe Gonzalez-

1 Ameneiro

Estás errado nos resultados eleitorais das organizaçons extranxeiras que nomeas: EH-Bildu, baixou 4.409 votos, eu nom diria que isso é significativo, mas se pensas que o PNV subiu quase 33.000 votos. ERC, subiu 242.058 votos e as CUP 159.967, sem contar onde se integrou em candidaturas amplas como Badalona, e ainda que nom o nomeas, CiU si baixou 110.967 votos. Os blocos nacionalistas e independentistas subirom na CAV, Nafarroa, Catalunya e Illes.

2 eusi

Non falarás de Ponte-Vedra, onde todo o mundo é nazi-onalista do Bloco? Essa língua perde-vos...Seguide orneando até a desapariçom

3 Comunista

O BnG non é independentista e nunca o foi. Sempre purgou, delatou e perseguiu independentistas. Incluso acuñou o eufemismo "soberanismo" para non adoptar o termo "independentismo". Ademais o BnG está incapacitado para ser independentista desde o momento en que considera "españois" e "españolas" ao 90% da poboación de Galiza que non os vota. Así de claro.

27 comprometidocoacizaña

Hai que ser ben retorto para falar mal do BNG. Explícome:A un compañeiro que sabes que tés que contar con el para gobernar o pais sabendo que quere tanto o máis ca ti o pais e os obxetivos políticos a longo prazo son semellantes non se despreza e anula do xeito que se está a facer. Ou é que os fins xerais dos que promulga o BNG non son parecidos aos que ten anova, cxg, .... ? Hai persoas cizañeiras que traballan con outros intereses...? Eu non me explico como se pode reflexionar e criticar ao BNG do xeito que fan algúns. Que mo expliquen..

26 Irmandiño

O BNG eche un conto para cincuentón nostálxicos e pouco listos. Os que son máis listos son alguns dirixentes bloqueiros,xente sen oficio nin profisión e que chucha da política....

25 Irmandiño

O BNG eche un conto para cincuentón nostalxicos e pouco listos. Os que son máis listos son alguns dirixentes bloqueiros,xente sen oficio nin profisión e que chucha da política....

1 eu eu eu

Yolanda Díaz si que é lista que cajou e mexou por vós e aínda lle aplaudistes papóns. Que risas se vai pegar o día que acompañe ao Beiras (rodeado de bandeiras republicanas) ata a porta do asilo.

24 Galahaz

Os resultados do BNG son malos, na liña descendente que veñen amosando desde hai xa tempo. Pero os dos "outros" non son mellores cuantitativamente falando. Sumados todos os votos obtidos na Galiza polas "Mareas cidadás", as diferentes marcas coas que Anova concorreu ás eleccións nos concellos onde se presentou e as utilizadas por EU aló onde fixo o propio en solitario, non chegan nin por asomo aos 190.000 votos obtidos polo Bloque en todo o país.