O portavoz do PP acusa á alcaldesa de Santiago de "montar un sultanato" que custará "9 millóns"

Segundo Borja Verea, os concelleiros "chegaron á conclusión de que non teñen nin idea do que hai que facer e, por tanto, deciden arranxalo contratando asesores, amigos e altos cargos".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/10/2023 | Actualizada ás 19:45

Comparte esta noticia

O portavoz do PP de Santiago, Borja Verea, acusou á alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, de estar "a montar un sultanato" de "máis de 30 amigos, asesores e altos cargos" que, segundo apuntou, "custará a todos o santiagueses nove millóns" ao longo deste mandato.

Para Verea, Sanmartín sitúa o consistorio municipal nun "escenario escandaloso" que supón "un insulto a todos os cidadáns". Así, asegurou que a alcaldesa "non é consciente, non lle explicaron ou non sabe o que asinou onte (xoves)".

"Santiago ten un problema evidente de xestión que esixe vontade política, capacidade e pericia, precisamente, o que non ten este Goberno rancio e sen ideas, que o único que se lle ocorre propor é xusto o que non hai que facer, inflar de altos cargos e asesores a estrutura, co que o único que se vai a conseguir é retardar, aínda máis a administración local, por tanto, estamos ante un erro de xestión, un erro político e un erro de soberbia", enumerou Verea.

Segundo o líder popular, os concelleiros "chegaron á conclusión de que non teñen nin idea do que hai que facer e, por tanto, deciden arranxalo contratando asesores, amigos e altos cargos".

Ademais, segundo destacou o PP nunha nota de prensa, Verea tamén manifestou que o goberno municipal "vai camiño de humillar a toda a cidade, impondo, vía cuestión de confianza, un orzamento con só oito concelleiros de 25". Nesta liña, advertiu que sería "a primeira vez na historia de Santiago que un Goberno que nin tan sequera ten maioría simple quere impor a súa presuposto vía cuestión de confianza".

O portavoz do PP de Santiago, Borja Verea, en rolda de prensa.. PP SANTIAGO
O portavoz do PP de Santiago, Borja Verea, en rolda de prensa.. PP SANTIAGO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta