Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/10/2023 | Actualizada ás 10:51
Veciños da localidade coruñesa de Mesía, integrantes da CIG e do BNG concentráronse este sábado ante o centro de saúde para protestar contra os "anos de recortes" en atención sanitaria e pedir un sistema "de calidade".
No manifesto, lido por unha edil do BNG, lembrábase a concentración celebrada no mesmo lugar fai tres meses, "pedindo uns dereitos mínimos de atención" á saúde. "Pero seguen facendo oídos xordos", apuntou.
O consultorio, recolle o manifesto, sofre "anos de recortes" de persoal, que "provocan unha mala e deficiente asistencia sanitaria", así como da atención primase en xeral. "Unha boa atención primaria é algo fundamental e imprescindible para o bo funcionamento da sanidade e para a boa xestión dos recursos", profundan.
Os manifestantes clamaron contra a eliminación da pediatra e a matrona asignadas a este municipio, o que "obriga ás pacientes a acudir a Ordes, sobrecargando as consultas e provocando dificultares na accesibilidade". Os nenos, afirman, tamén deben acudir ao centro de saúde de Ordes para consulta co pediatra.
A maiores, recolle o manifesto, "decidiron non cubrir ao médico de Visantoña, o cal xa non está desde o mes de marzo", un labor que, ata agora "tentou cubrir a medica de Xanceda traballando polas tardes".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.