Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/10/2023 | Actualizada ás 12:13
Renfe reforza con máis de 1.000 prazas extra o corredor de alta velocidade Galicia-Madrid con dous trens especiais durante a ponte do Pilar desta semana.
Segundo informa a compañía nun comunicado, estes servizos Alvia, cunha circulación ao día en cada sentido os días 11 e 15 de outubro, teñen prevista a súa saída desde a capital galega ás 19.25 horas, con chegada a Madrid-Chamartín ás 22.45. En sentido inverso, a saída de Madrid Chamartín terá lugar ás 18.54 horas, con chegada a Santiago de Compostela ás 22.17.
En total, Renfe ofrece en Galicia desde este mércores, 11 de outubro, ata o domingo, 15 de outubro, máis de 155.000 prazas para viaxar nos seus trens durante a ponte do Pilar.
Do total de prazas ofertadas, case 35.000 son para os seus servizos de longa distancia (AVE ou Alvia) que conectan Vigo, A Coruña ou Santiago con diferentes destinos en Castela e León ou Madrid; Ourense con Zamora, Madrid e Alacante, así como diferentes puntos da xeografía galega con Cataluña (servizos transversais) ou os trens con Portugal. Mentres, preto de 120.000 prazas habituais ofértanse para a mobilidade interna dos galegos, en conexións de servizo público do Eixo Atlántico, Avant e Rexionais estes cinco días.
A nivel estatal, Renfe ofrece preto de 1,3 millóns de prazas en trens AVE, Avlo, Alvia, Euromed, Intercity, Avant e Rexionais para a Ponte do Pilar, ante a crecente demanda de viaxeiros nestes días.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.