Detención en Ourense de oito cidadáns de países do leste por falsificar documentos para obter axudas sociais

As persoas detidas defraudarían conxuntamente unha cantidade superior a 40.000 euros.

Por E.P. | Ourense | 17/10/2023 | Actualizada ás 16:43

Comparte esta noticia

Axentes da Policía Nacional de Ourense detiveron a oito persoas orixinarias de países do leste acusadas de falsificar documentos para obter distintas axudas sociais, coas que estafarían uns 40.000 euros.

En concreto, axentes da Brigada Provincial de Estranxeiría e Fronteiras da Comisaría de Ourense detectaron a comisión de delitos de falsidade documental e estafa, que foron postos en coñecemento da autoridade xudicial.

Na investigación, iniciada en setembro, os axentes detectaron que algúns certificados usados para recibir axudas sociais na cidade de Ourense foran falsificados. En concreto, tratábase de certificados lexítimos que figuraban como subtraídos ou extraviados ou, directamente, certificados falsos con datos de terceiras persoas.

Estas falsificacións tiñan como obxectivo obter axudas sociais como a Risga (Renda de Inclusión Social de Galicia) e o IMV (Ingreso Mínimo Vital) ou axuda de aluguer do Concello de Ourense.

En total, segundo informou a Policía, detívose desde o inicio da operación a oito cidadáns estranxeiros, os cales defraudarían conxuntamente unha cantidade superior a 40.000 euros.

Vehículo da Policía Nacional. POLICÍA NACIONAL
Vehículo da Policía Nacional. POLICÍA NACIONAL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta