A CIG denuncia desatención dos dereitos do personal do Sergas nos orzamentos da Xunta

Asegura que o Goberno galego "desatendeu" todas as demandas do sindicato sobre as condicións de traballo na sanidade.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/10/2023 | Actualizada ás 12:42

Comparte esta noticia

A CIG denunciou que os orzamentos da Xunta para 2024 non incorporan a recuperación de dereitos do persoal do Servizo Galego de Saúde (Sergas), nin cocientes para garantir unha mellor atención aos pacientes.

Nun comunicado remitido aos medios, o sindicato nacionalista asegura que o Goberno galego "desatendeu" todas as súas demandas a pesar de presentar unha batería de medidas tanto na mesa sectorial do Sergas como na mesa xeral de empregados públicos.

"Os incrementos que se recollen no capítulo uno dos orzamentos son unicamente os vinculados aos acordos asinados no ano 2023", sinala a CIG que cita entre as medidas que faltan por incorporar as subidas salariais que quedaron pendentes do acordo retributivo 2008-2012. "Un acordo suspendido polo PP e que se nega a aplicar a pesar de estar asinado e publicado", apunta.

O sindicato critica que tampouco se incluíu nas contas para o próximo ano a equiparación do complemento específico co persoal da Xunta de Galicia. "Non se explica que o persoal que traballa na sanidade pública teña unha retribución inferior", reprocha.

A CIG tamén bota en falta a recuperación do "tres días de libre disposición roubados coa crise", a recuperación das pagas extra e a "xubilación anticipada sen perda retributiva". Ademais, tamén reclama a exención das noites a partir dos 55 anos, unha mellora dos cocientes profesionais e a eliminación da categoría de facultativo especialista de atención primaria.

Edificio do Sergas
Edificio do Sergas | Fonte: xunta.gal.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta