Os sindicatos denuncian o uso de medios antilume con criterios electorais

Gardas extraordinarias na semana previa as eleccións, malia que houbo días de chuvia, denuncia Comisións. Ademais, hai recorte de axentes forestais.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 03/06/2015 | Actualizada ás 12:55

Comparte esta noticia

Os sindicatos con representación entre os traballadores contra o lume advirten da "mala planificación" para este verán. Se o pasado mes era a CIG quen alertaba da retirada dos helicópteros das bases da Xunta -asegurando que hai cuadrillas helitransportadas que andan a desprazarse en vehículos-, agora é CC.OO. quen denuncian que a Xunta está recortando prazas e somentendo aos operarios a quendas en función de intereses polícitos.

Helicópteros de loita contra os incendios forestais
Helicópteros de loita contra os incendios forestais

Malia que a tempada con máis risco acaba de comezar, Comisións di que os axentes forestais e medioambientais xa teñen esgotados os períodos de gardas extraordinarias. CCOO e os outros sindicatos reprochan que a Consellaría do Medio Rural e do Mar, en lugar de se basear en criterios técnicos para establecer as ditas gardas, utilice outros de tipo electoral. Exemplo disto serían as gardas "impostas unha semana antes das eleccións municipais, con temperaturas baixas e mesmo días de precipitacións". Para os os sindicatos foron "gardas innecesarias do punto de vista técnico".

CCOO e as outras organizacións vai un paso máis aló e adviten non consentirán que no caso de que se prolongue de maneira "excesiva e reiterada» a xornada horaria", denunciarán os feitos diante da Fiscalía.  Ven en risco a seguridade e saúde do persoal que prolonga as súas xornadas.

Ademais, Comisións aseguran que operativo está «minguado» polas baixas, as vacantes e a non-coberturas de xubilacións. Recentemente o Goberno galego propuxo a amortización de dez postos de axentes forestais e medioambientais, dos que a metade serían na provincia de Ourense, a que concentra maior número de incendios de toda a península.

"Estase a gastar o diñeiro público de maneira inadecuada e mesmo innecesaria, actuación que unicamente beneficia o sector privado", insiste CC.OO. Unha das empresas con máis adxudicacións na loita contra o lume é Nanutecnia, na que é directivo o ex-conselleiro Carlos Del Álamo.

 

Os sindicatos lamentan que mentres bases con medios propios da Xunta continúan pechadas, outras, neste caso xestionadas por empresas privadas, si están abertas. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta