A Xunta non ve problemas coa tosferina, cun infectado cada 200.000 persoas

Os pediatras recoñecen a enfermidade pola súa tose característica e apuntan á prevención, especialmente coa vacina, como "o mellor tratamento".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/10/2023 | Actualizada ás 11:21

Comparte esta noticia

Galicia rexistrou 14 casos de tosferina no que vai de 2023, polo que se pode falar dunha contención da enfermidade en comparación ao conxunto de España, cun total de 1.164 contagios. A nivel estatal percíbese un importante aumento con respecto ao ano pasado, dado que a estas alturas do 2022 rexistrábanse apenas 139 casos desta infección que afecta, principalmente, a nenos.

Os datos figuran no último informe semanal elaborado pola Rede Nacional de Vixilancia Epidemiolóxica correspondente á semana 38 do ano, é dicir, ata o pasado 24 de setembro. É aí onde se observa esta crecida en España, que xa viviu un pico da enfermidade no ano 2015 con máis de 9.200 contaxios e oito falecementos notificados.

Os datos proporcionados a Europa Press polo Servizo Galego de Saúde (Sergas) indican que só houbo 14 casos --ningún deles requiriu hospitalización-- no que vai de 2023, unha cifra similar a estes anos pasados pero para nada comparables co resto do país. A incidencia acumulada en Galicia sería de apenas 1 infectado por cada 200.000 habitantes, cinco veces menos que a media española.

"Non se pode considerar que agora mesmo en Galicia haxa un aumento significativo", senón de "algún caso illado", tal e como constata a doutora Susana Rei, presidenta da Sociedade de Pediatría de Galicia (Sopega).

A tosferina é unha infección respiratoria provocada por unha bacteria e que é facilmente distinguible doutras cando afecta a nenos. Provoca unha tose moi intensa e continua que acaba cun ruído respiratorio "coma se fose un galo", sinala a experta, en declaracións a Europa Press. En ocasións, o menor mesmo chega a porse moi vermello, cos beizos morados, e a presentar febre e mocos moi espesos.

NON HAI "MOTIVO DE ALARMA"

É unha enfermidade de declaración obrigatoria e facilmente descartable. "Os pediatras sabémola recoñecer. O oir os abscesos de tose fainos sospeitar da tosferina". Por isto mesmo, agora "non se pode pensar que haxa un motivo de alarma", senón que na maioría de casos xa se trata de virus estacionais, como o coñecido como VRS --virus respiratorio sincitial, causante de bronquiolitis e pneumonías-- ou a gripe.

A PREVENCIÓN, "O MELLOR TRATAMENTO"

Susana Rei non ten dúbidas de que "o mellor tratamento é a prevención", con esa vacina xa introducida décadas atrás no calendario obrigatorio, á que agora se engadiu a das xestantes. En caso de infección, habitualmente recoméndase illamento en casa xunto cunha hidratación adecuada do neno, mesmo mellor que medicamentos mucolíticos e xarabes que "non son moi efectivos en menores de dous anos", comenta a doutora. En caso de ser necesario, a médico receita un antibiótico (habitualmente, azitromicina).

Nenos xogando nun parque
Nenos xogando nun parque | Fonte: SANTI ALVITE-USC

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta