Sanidade advirte que o modelo para formar médicos de urxencias do Goberno "prexudica" a medicina de familia

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/10/2023 | Actualizada ás 19:56

Comparte esta noticia

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, afirmou que o modelo proposto polo Goberno central para formar aos profesionais da nova categoría de facultativo de urxencias "prexudica" á especialidade de medicina de familia. Así o manifestou en resposta a unha pregunta feita polo portavoz parlamentario do PP, Alberto Pazos Couñago, durante o pleno do Parlamento de Galicia, concluído na tarde deste mércores.

O responsable de Sanidade manifestou que o modelo proposto no decreto que contempla a creación desta nova categoría realízase en detrimento de medicina familiar e comunitaria ao non existir "un incremento total" de prazas entre as dúas especialidades. "O goberno central perde unha grande oportunidade de garantir que as prazas existentes de medicina de familia sirvan para nutrir a unha atención primaria necesitada de especialistas en toda España", manifestou o conselleiro. Deste xeito, incidiu en que o Goberno autonómico "non vai admitir" que as prazas en urxencias "sexan á conta de nin unha soa das prazas de familia comunitaria", que sinalou que "son escasas" e deben "aumentarse máis se cabe".

Sanitaria con cartel de servizos mínimos durante a folga de médicos galegos
Sanitaria con cartel de servizos mínimos durante a folga de médicos galegos | Fonte: Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta