A Xunta proporá aos sindicatos unha oferta de emprego con máis de 600 prazas de acceso libre para 2023

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/10/2023 | Actualizada ás 11:22

Comparte esta noticia

O conselleiro de Facenda, Miguel Corgos, avanzou que se vai a propor ás organizacións sindicais a aprobación dunha oferta pública de emprego (OEP) con máis de 600 prazas de acceso libre na Administración Xeral para 2023.

A estas prazas poderán acceder aquelas persoas que cumpran os requisitos esixidos nas correspondentes convocatorias e que queiran acceder a un posto na Administración galega. A isto engádense as prazas de promoción interna e as de funcionarización, de modo que o total da oferta para este ano superará as 900 prazas.

Así o anunciou o conselleiro durante a súa comparecencia en comisión parlamentaria para dar conta dos orzamentos galegos para 2024, que se aumentan un 5% e alcanzan os 13.257 millóns.

O conselleiro de Facenda, Miguel Corgos, en comisión. PARLAMENTO
O conselleiro de Facenda, Miguel Corgos, en comisión. PARLAMENTO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta