A seguridade no traballo, un dos retos para o sector da pesca e o marisqueo de Galicia

Así o expuxeron este sábado na clausura da xornada 'Equipos de protección individual no traballo para o sector pesqueiro de baixura'.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/11/2023 | Actualizada ás 19:24

Comparte esta noticia

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, tratou coas confrarías a aposta firme pola seguridade do traballo como un dos retos para a pesca e o marisqueo de Galicia. Así o expuxeron este sábado na clausura da xornada 'Equipos de protección individual no traballo para o sector pesqueiro de baixura'.

Segundo informou a Xunta, este é un dos temas principais para a actividade marítimo-pesqueira porque contribúe non só a mellorar as condicións de traballo, senón que tamén axuda a salvar vidas. Os distintos tipos de vestimentas, salvavidas e outros equipos uso individual de profesionais do mar foron o eixo da xornada celebrada na sede da federación galega, unha sesión formativa que se enmarca dentro dun convenio deste colectivo coa Consellería do Mar.

No acto trataron temas como a preocupación do estado dos bancos marisqueiros e a posibilidade de paralizacións temporais da actividade, o futuro da extracción da fazula e a eólica mariña. Villares prometeu reforzar o apoio tanto no sector extractivo como no conxunto da cadea mar-industria ante "ameazas que chegan desde Bruxelas", como o veto ás artes de fondo, ou do Goberno co seu "inexplicable" recurso ante o Tribunal Constitucional da lei galega do litoral.

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, coas confrarías de pescadores
O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, coas confrarías de pescadores | Fonte: XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta