Galicia clama en 24 localidades o fin do "xenocidio" do pobo palestino

Centos de persoas participaron nas manifestacións convocadas contra a invasión israelí de Gaza.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/11/2023 | Actualizada ás 21:28

Comparte esta noticia

Centenares de persoas volveron a saír ás rúas de máis de 20 localidades galegas para reclamar o fin do "xenocidio" do pobo palestino e a implicación do Estado español e a Unión Europea na procura dunha saída para o conflito.

Convocados por Mar de Lumes, Galiza Por Palestina, BDS Galiza e a Asociación Galaico Árabe Jenin; as concetraciones realizáronse nun total de 24 localidades, incluídas as sete grandes cidades.

Nelas participaron centos de persoas que corearon cánticos como "Palestina vencerá" ou "Estado sionista, estado terrorista".

Concentración na Praza Roxa de Santiago en apoio ao pobo palestino
Concentración na Praza Roxa de Santiago en apoio ao pobo palestino | Fonte: CEDIDA (EUROPA PRESS) - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Sentidiño

Catro mil nen@s asasinad@s en dúas semanas é un récord xenocida ao que nin os nazis foron quen de chegar. A UE e o actual goberno español son cómplices. O goberno do PP en Madrid, como exemplo da súa catadura moral, decidiu pórlles unha medalla. E logo Marta Rovira é unha terrorista...