María Vázquez, nomeada por 'Matria' a Mellor Interpretación Feminina nos Premios Forqué

Lois Patiño entra nos finalistas de Mellor Longametraxe Documental con 'Samsara'.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 07/11/2023 | Actualizada ás 16:06

Comparte esta noticia

A viguesa María Vázquez foi seleccionada entre as finalistas ao galardón de Mellor Interpretación Feminina nos Premios Forqué, que desvelaron este martes os seus nomeados con Lois Patiño e a segunda tempada da serie 'Rapa' como representantes do audiovisual galego.

Fotograma de 'Matria' de Álvaro Gago
Fotograma de 'Matria' de Álvaro Gago | Fonte: Europa Press

Ademais do nomeamento para a actriz protagonista da película de Álvaro Gago que relata a vida dunha nai nun pobo da costa galega, Lois Patiño opta con 'Samsara' ao premio de Mellor Longametraxe Documental. Así mesmo, Javier Cámara volve figurar entre os candidatos a Mellor Interpretación no apartado de series polo seu papel en 'Rapa', a produción de Portocabo para Movistar dos irmáns Coira que, na súa segunda entrega, trasládase a Ferrol desde Cedeira.

As obras finalistas aos Forqué, que se celebrarán o próximo 16 de decembro no Palacio Municipal - Ifema Madrid, foron seleccionadas entre un total de 397 candidatas (75 máis que o pasado ano). O premio conta cunha dotación de 30.000 euros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta