Verín acolle un tributo a Sabina e celebra o magosto

O concerto será este venres e corre a cargo da banda Jimenos Band ás 20:30 h. no Auditorio Municipal, mentres que o magosto terá lugar o sábado 11 de novembro.

Por Galicia Confidencial | Verín | 10/11/2023 | Actualizada ás 17:20

Comparte esta noticia

O mellor tributo a Sabina segundo a crítica especializada chega a Verín. Trátase de Jimenos Band, grupo que está de xira por Galicia ata o domingo. O sábado estarán En Cangas e o domingo na Sala Capitol de Santiago de Compostela.

Actuación de Jimenos Band. Foto deles.
Actuación de Jimenos Band. Foto deles.

Desde 2009 realizaron máis de 1000 concertos a nivel nacional e internacional, avalados polo mesmo Sabina e no 2022 realizaron un sinfónico xunto á banda municipal de Úbeda, na praza de Touros.

A banda está formada polos irmáns Jimenos e outros grandes músicos do panorama actual, que fan posible un espectáculo 100% en vivo e en directo, e con moito humor que repasa a carreira do mestre xienense.

MAGOSTO

O sábado, 11 de novembro, o Concello de Verín celebrará o seu magosto popular na Praza Maior da vila.

Segundo confirmou Manuel Lorenzo, concelleiro responsable da área de Feiras, os asistentes ao evento, que comezará ás 19:30 horas, poderán degustar castañas de balde e desfrutar dunha divertida xornada de festa con foliada a cargo da Banda de Gaitas Municipal do Concello de Verín e da Banda de Gaitas Nova Era.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta