Encontro en Santiago para debatir sobre os desafíos sociopolíticos e xornalísticos do mundo globalizado

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/11/2023 | Actualizada ás 17:23

Comparte esta noticia

Os presidentes dos clubes de prensa de Londres, Martyn Bond; de Berlín, Juliane Hielscher; e de Bruxelas, Laurent Brihay, como representantes da Federación Europea de Clubs de Prensa, debateron este venres en Santiago, na sede do Centro Internacional de Prensa de Galicia, sobre 'Desafíos sociopolíticos e xornalísticos no mundo globalizado'.

No debate tamén estivo o director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo, que destacou o papel do xornalismo independente nos sistemas democráticos, "especialmente nun contexto internacional no que as novas tecnoloxías facilitan a proliferación de desinformación e noticias falsas, ameazando a estabilidade das sociedades".

Gamallo tamén destacou as iniciativas que se desenvolven desde a Unión Europea e desde a Xunta para responder a estes retos. "É vital empoderar ás nosas comunidades fronte ás ameazas da desinformación. Para iso, as administracións públicas deben cooperar entre elas e adaptarse aos novos retos, pero tamén facer partícipe á sociedade civil, especialmente ao sector do xornalismo, que debe ser autónomo e resiliente", defendeu.

FEDERACIÓN EUROPEA DE CLUBES DE PRENSA

Desde a súa fundación en 1989, a Federación Europea de Clubs de Prensa dedícase a promover a coordinación entre clubes de prensa de distintos países europeos, organismos independentes e consultivos que aglutinan profesionais da comunicación. O seu obxectivo é favorecer o intercambio de experiencias e informacións, así como pór ao servizo dos xornalistas medios que faciliten o seu labor.

Micrófono, xornalismo
Micrófono, xornalismo | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta