Volve o torneo internacional Xacobeo de ximnasia rítmica como atractivo turístico deportivo

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/11/2023 | Actualizada ás 19:14

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia colabora coa celebración, este fin de semana, do Xacobeo de Ximnasia Rítmica organizado polo Club Viravolta en Santiago de Compostela e que incluirá o II Torneo Internacional Viravolta-Jael e a III Gala Internacional coa participación de medio milleiro de deportistas de distintos lugares de España e do resto de Europa.

O director de Turismo, Xosé Merelles, participou este luns na presentación da iniciativa, onde agradeceu á organización a posta en marcha deste torneo "que reunirá en Santiago a un número importante de persoas que proceden de distintos lugares e que, ademais de gozar da competición deportiva, poderán coñecer e gozar tamén do destino Galicia".

O Xacobeo de Gimansia Rítmica inclúe a celebración o sábado e o domingo do II Torneo Internacional Viravolta-Jael no Multiusos Fontes do Sar que contará coa participación de 40 clubes e 350 participantes o sábado e un centenar o domingo. Celebraranse competicións individuais femininas e masculinas, así como competicións de conxunto e de base. Ademais, ximnastas de primeiro nivel de toda Europa participarán na Gala Internacional amadrinada pola olímpica española Carolina Rodríguez o sábado ás 17.30 horas.

O equipo español de ximnasia rítmica, nunha campaña de Oysho
O equipo español de ximnasia rítmica, nunha campaña de Oysho | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta