O PSdeG pide introducir a educación afectivo-sexual no currículo educativo

A Xunta di que está incluída de "xeito transversal".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/11/2023 | Actualizada ás 13:02

Comparte esta noticia

A deputada do PSdeG Noa Díaz esixiu á Xunta que introduza a educación afectivo-sexual no currículo educativo, ao que a secretaria xeral de Igualdade, Sandra Vázquez, respondeu asegurando o "compromiso trasversal" existente neste ámbito.

Na comisión parlamentaria que aborda os asuntos relativos a educación, o grupo socialista pediu información a raíz do incremento da violencia sexual e sobre "os criterios do Goberno galego" en relación con este problema, así como medidas para afrontalo.

Na súa quenda, a secretaria xeral subliñou o "firme compromiso a favor da igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres e na loita contra a violencia de xénero", antes de referirse a campañas "para concienciar" a mozas e "erradicar" prexuízos, entre outras.

En termos globais, a titular de Igualdade afirmou que o Executivo autonómico ten ese "compromiso trasversal" para "incidir" na educación afectivo-sexual, ao que a socialista replicou que a súa formación non estaba a falar "de talleres" e que iso lle dá "a risa". Por iso, insistiu en cuestionar "de que maneira se aplicou a transversalidade no sistema educativo galego", e advertiu de que non se trata "de explicar a un neno como ten que masturbarse".

A deputada do PSdeG Noa Díaz. PSDEG
A deputada do PSdeG Noa Díaz. PSDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta