Sabes canto se prevé que gaste cada galego no Black Friday?

Cada ano sobe o gasto nun día de compras importado desde os Estados Unidos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/11/2023 | Actualizada ás 10:38

Comparte esta noticia

O gasto medio previsto en Galicia durante este Black Friday alcanzará os 275 euros, segundo o Zoom de Intención de compra nesta época elaborado polo Observatorio Cetelem e dado a coñecer este venres.

Segundo o estudo, realizado a partir de 2.200 enquisas en liña en todo o Estado, o 44% dos galegos enquisados ten intención de adquirir algún produto durante o período do Black Friday deste ano.

Máis da metade dos galegos que realizarán compras durante este período de descontos utilizarán exclusivamente a canle en liña, o que revela un lixeiro crecemento respecto ao ano anterior, aínda que catro de cada dez farao en ambas as canles.

Ademais, seis de cada dez galegos enquisados afirma que algunhas das compras que realizarán durante o Black Friday serán para adiantar as compras de Nadal. En canto aos produtos máis demandados, o estudo revela que serán moda, calzado e complementos, produtos de saúde e beleza, electrodomésticos e tecnoloxía, e dispositivos móbiles.

Cetelem é especialista en crédito ao consumo, préstamos persoais e xestión de cartóns. Opera en España desde 1988, onde conta actualmente con máis de 1.500 empregados e 3,5 millóns de clientes.

Un cartel publicitario anuncia rebaixas con motivo do Black Friday
Un cartel publicitario anuncia rebaixas con motivo do Black Friday | Fonte: Alberto Ortega

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta