O PSdeG de Ourense denuncia a Jácome por "imposibilitar ou interromper" a intervención da oposición

Así mesmo, os socialistas presentarán unha iniciativa para modificar o regulamento orgánico do Concello.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 18/11/2023 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

A edil e portavoz do PSdeG de Ourense, Natalia González, interpuxo un recurso contra o alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, por "imposibilitar ou interromper" a intervención da oposición en varios plenos.Segundo explicaron os socialistas nun comunicado, estes feitos poden constituír unha "vulneración dos dereitos fundamentais" á participación política.

Así, lembraron que a última vez que sucederon estes feitos foi o 26 de outubro cando a secretaria xeral do partido de Ourense denunciou que Jácome se "extralimitaba" nas súas funcións ao "non deixar falar" ao interventor. Ademais, engadiron, "tampouco lle deu a quenda da palabra" á edil cando o reclamou por alusións directas e pediu poder responder. O mesmo sucedeu co portavoz de grupo municipal do BNG, Luís Seara, que tamén insita en que o interventor puidese participar.

"Ao relatado engádese o feito de que o rexedor intervén en calquera momento do debate, mesmo interrompendo constantemente aos concelleiros, sen límite de tempo e para realizar calquera tipo de valoración persoal que adoitan ser improcedentes ou despectivas coa totalidade dos integrantes do grupo municipal socialista", remarcaron.Así mesmo, os socialistas presentarán unha iniciativa para modificar o regulamento orgánico do Concello para que non se produzan "máis vulneracións" dos dereitos fundamentais dos edís e que poidan exercer, "adecuadamente", o seu labor de fiscalización do Goberno.

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, no Parlamento.
A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, no Parlamento. | Fonte: XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta