As intensas choivas e a baixada das temperaturas fan que descenda a densidade do mosquito tigre

Segundo os datos de trampeo realizados pola Rede galega de vixilancia de vectores (ReGaViVec).

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/11/2023 | Actualizada ás 13:08

Comparte esta noticia

A baixada das temperaturas e a chegada das intensas choivas provocaron que descenda considerablemente a densidade do mosquito tigre, que apareceu o pasado mes de agosto en Moaña, segundo os datos de trampeo realizados pola Rede galega de vixilancia de vectores (ReGaViVec).

Os datos compartíronse no comité técnico do mosquito tigre deste venres, convocado pola Consellería de Sanidade, no que tamén valoraron as actuacións levadas a cabo desde outubro para o control do vector, como a vixilancia e información a diferentes colectivos profesionais e á cidadanía. Os expertos do comité tamén sinalaron que continuarán realizándose mostras ata finais de novembro e que se estudará a conveniencia de manter trampas de vixilancia naqueles municipios que tiveron unha maior incidencia.

De cara ao ano que vén, acordaron deseñar campañas de información e concienciación cidadá, ademais de seguir traballando na implementación de programas de xestión como se prevé no Plan Nacional de Prevención, Vixilancia e Control das Enfermidades Transmitidas por Vectores, publicado polo Ministerio de Sanidade en abril do 2023.

Mosquito tigre
Mosquito tigre | Fonte: JAMES GATHANY - CDC - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta