Máis de 11.700 positivos en alcol e 110.000 sancións por exceso de velocidade nas estradas galegas

Tráfico desenvolveu desde xaneiro en Galicia 17 campañas especiais, ás que se sumarán catro máis antes de que conclúa o ano.

Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 20/11/2023 | Actualizada ás 12:54

Comparte esta noticia

Os controis de tráfico desenvolvidos durante este ano en Galicia deixaron un total de 11.734 denuncias por consumo de alcol e 5.227 por consumo de drogas durante a condución, ademais de 7.030 persoas denunciadas por non facer uso do cinto de seguridade, 5.000 por empregar dispositivos móbiles e 110.700 por exceder a velocidade permitida.

Así o avanzou este luns o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, no acto de conmemoración do Día Mundial en recordo das vítimas de tráfico, onde advertiu sobre as imprudencias nas estradas e sobre os efectos tráxicos que teñen estas condutas.

Blanco remarcou que "a seguridade nas estradas e rúas é un dos alicerces que sustenta a seguridade cidadá" e que é "unha das tarefas que o Goberno afronta con máis responsabilidade". Nesta liña, lembrou que Tráfico desenvolveu desde xaneiro en Galicia 17 campañas especiais, ás que se sumarán catro máis antes de que conclúa o ano.

Con elas, máis de 26.600 controis de alcol nos que se realizaron 645.000 probas de alcoholemia e 7.200, de drogas; e os preto de 10.000 controis de velocidade.

Acto polo Día Mundial en Recordo polas Vítimas de Accidentes de Tráfico / DELEGACIÓN DO GOBERNO / Europa Press
Acto polo Día Mundial en Recordo polas Vítimas de Accidentes de Tráfico / DELEGACIÓN DO GOBERNO / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta