Seguimento "masivo" da folga xeral nas Pontes, segundo a CIG

"As Pontes é a zona cero da crise industrial que temos en Galicia" como consecuencia do peche da central térmica de Endesa, din desde a central sindical.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/11/2023 | Actualizada ás 18:12

Comparte esta noticia

O secretario xeral da CIG, Paulo Carril, informou dun "seguimento masivo" da folga xeral convocada neste municipio en solitario polo sindicato nacionalista, de catro horas de duración, de 11,00 a 15,00 horas. Esta mobilización que sacou á rúa a máis dun milleiro de persoas. "Esta folga é un clamor popular", asegurado. "As Pontes é a zona cero da crise industrial que temos en Galicia" como consecuencia do peche da central térmica de Endesa, sostén.

"Non estamos ante unha transición, senón que estamos ante unha demolición, unha reconversión industrial clásica que está a deixar un dano importante", remarca Carril, "non só na actividade de produción enerxética, senón que tamén naquelas empresas que foron no seu momento representativas da industrialización, como Einsa".

Estas manifestacións realizounas Carril no mediodía deste xoves minutos antes de participar nunha manifestación que percorreu varias rúas das Pontes e que se enmarca na xornada de folga xeral

"É urxente que as administracións públicas, o Goberno galego, o Goberno español e o propio Concello das Pontes fagan o imposible para evitar que esta transición, que é unha reconversión e demolición, siga adiante", opina.

Ao mesmo tempo tamén reclamou "frear e ao mesmo tempo evitar que Einsa siga sendo quen marque o ritmo, quen marque un calendario ante a inacción dos gobernos" e que o levou a incidir en que "a poboación das Pontes está a dar esa demostración o seu convencemento e reivindicación". Un ERE en Einsa Print que ameaza o emprego de 155 traballadores.

Paulo Carril incidiu en que "as promesas dun paraíso industrial para As Pontes non están a ser certas" e que "a velocidade coa que iso ten que ser debería de ser tanta como a velocidade coa que se están producindo os despedimentos", con "un futuro para o conxunto dos traballadores". "Sen industria non hai futuro e ese é o recado e o chamamento que queremos facer ás administracións para que se poñan as pilas", conclúe.

Folga xeral convocada pola CIG nas Pontes (A Coruña)
Folga xeral convocada pola CIG nas Pontes (A Coruña) | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta