Piden suspender a prohibición de patinetes en trens Renfe até acordar alternativas

As plataformas de usuarios do tren denuncian que esta medida non foi acordada cos afectados e que Renfe non avaliou alternativas co Administrador de Infraestruturas Adif nin con outras administracións.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 28/11/2023 | Actualizada ás 17:41

Comparte esta noticia

As plataformas de usuarios e usuarias do servizo ferroviario en Galicia, Media Distancia e Perder O Tren, comunican o seu rexeitamento á decisión de Renfe de prohibir unilateralmente patinetes eléctricos, monociclos ou calquera outro dispositivo de mobilidade persoal eléctrico ou dotado de baterías nos trens de Renfe, que entrará en vigor o próximo 12 de decembro, apenas 15 días de preaviso.

Usuario de patinete nunha estación de tren
Usuario de patinete nunha estación de tren | Fonte: RTVE

 

Nun comunicado, estas entidades denuncian que esta decisión non ten en conta o enorme dano que supón á mobilidade cotiá dos miles de viaxeiros recorrentes por estudos ou traballo de Renfe, que sofren unha nova situación de indefensión." Esta prohibición, din, non foi acordada cos afectados, non avaliou alternativas co Administrador de Infraestruturas Adif e tampouco se mantiveron, que se saiba, contactos co Ministerio, ou a Federación Galega e Española de Municipios, ou a Xunta de Galicia a quen compete en sentido estrito o transporte urbano e interurbano.

 

As Plataformas apelan á responsabilidade e colaboración de todas as Administracións

implicadas, Estatal, Autonómica, Provincial e Local, na mobilidade cotiá dos seus cidadáns, chaman a atención do Defensor do Pobo sobre as dificultades na mobilidade diaria vinculada ao ferrocarril. Por iso, solicitan especificamente a Renfe que suspenda o prazo de aplicación

desta prohibición até ter articulado alternativas que non prexudiquen irremediablemente os accesos a centros de traballo e estudos de miles de usuarios de ferrocarril que non teñen en orixe ou destino outra solución para atender ás súas obrigacións.

 

Por outra banda, critican a Renfe polas avarías e atrasos constantes nos trens de servizo

público, que estas plataformas veñen denunciando desde 2021 de forma colectiva e

que empeoraron nos últimos meses. E din que, precisamente esta situación fai dos vehículos de mobilidade persoal e bicicletas, un elemento imprescindible na mobilidade cotiá de miles de viaxeiros xa que mitiga as deficiencias do servizo público ferroviario operado por Renfe.

 

Media Distancia e Perder O Tren aglutinan aos usuarios dos dous corredores de Media Distancia de Galicia, que son o que unen a cidade da Coruña con Vigo e A Coruña con Ourense, ademais dos rexionais que vertebran o catro provincias galegas. O movemento civil constituíuse coa firme proposición de facer propostas para mellorar as conexións ferroviarias en Galicia para facer do transporte público, a principal vía de comunicacións dentro do territorio de Galicia e cumprir a misión de servizo público. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta