O Porco celta en perigo de extinción, pero con censos en aumento

Para revertir esta situación tería que haber 15.000 reprodutoras das 1.000 que contabiliza a ASOPORCEL na actualidade.

Por Amanda Fernández | Santiago de Compostela | 09/12/2023 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

Desde mediados do século pasado a raza autóctona do Porco celta atópase en risco de extinción. "Para que deixe de estar nesa situación precísase un censo dunhas 15.000 reprodutoras e non chegamos nin as 1.000", explica Iván Rodríguez, director técnico da ASOPORCEL (Asociación de Criadores da Raza Porcina Celta). Agora mesmo esta asociación contabiliza un censo duns 4.000 animais en 150 ganderías en Galicia. Pese a que a situación aínda non é a idónea, o director técnico destaca que existe un crecemento no censo de ano en ano. "Fai uns días comprobei os censos desta mesma data fai un ano é a diferencia era de 200 e pico animais a maiores", apunta. 

O porco celta
O porco celta | Fonte: ASOPORCEL

Pódese vivir da cría de Porco celta? "A xente non se preocupaba en facerse profesional ata o de agora porque a maioría das explotacións eran complementarias a unha actividade principal", afirma. O cambio prodúcese cando cada vez se incorporan máis mozos coa intención de ter unha explotación de Porco celta como principal fonte ingreso. "Nuns anos haberá un crecemento máis significativo porque agora xa temos en marcha varias explotacións que se agarda que pasen de tres a catro nais a unhas 15 ou 20". 

Un dos principais incentivos é que a "demanda do consumidor é maior que a produción" e isto é "importante para arrancar unha actividade". Na ASOPORCEL, Iván di que hai gandeiros que pechan o ciclo, crían ao animal, realizan produtos derivados dese animal e comercialízaos. "Para vivir disto necesitas un volume considerable de 20 reprodutoras", pero destaca que é rendible si se fan as cousas ben. "Están as axudas asociadas da PAC ao Porco celta, aínda que non se computarían como ganancias, senón como un peto que che permita tirar del se tes algún problema". 

Entre os fitos no que atinxe á conservación desta raza autóctona está que o ano pasado se certificaron preto de 200.000 quilos de carne de Porco celta baixo o logotipo '100% raza autóctona Porco Celta'. "Este ano conseguimos que este logotipo estivese adherido ao selo de 'Galicia Calidade' que é moi positivo para comercializar os productos fóra de Galicia", comenta Iván. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta