A compositora canadense Loreena Mckennit actuará no Gozo Festival 2024

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/12/2023 | Actualizada ás 18:31

Comparte esta noticia

A cantante e compositora canadense Loreena Mckennit, unha das figuras icónicas da música celta, actuará en Santiago, no Gozo Festival 2024Os seus máis de 15 millóns de discos vendidos en todo o mundo, con discos de ouro, platino e multiplatino en 15 países, convertérona nunha das máximas referencias das últimas décadas.

No seu espectro musical, ademais do protagonismo da música folk de raíces celtas, teñen cabida múltiples sons, ritmos e estilos que foi absorbendo ao longo de moitos anos de viaxes por todo o mundo. En 2019, durante a súa última xira no noso país, foi a artista que primeiro esgotou as entradas no festival 'Noites do Botánico'. Sempre citou a Galicia e a súa tradición musical como referente na súa música. Proba diso é a súa canción 'Santiago', que precisamente se inclúe no seu disco 'The Mask and Mirror'.

En 2023 nace o proxecto O Gozo Festival que, co apoio de Xunta de Galicia a través da Axencia de Turismo de Galicia, programa en diferentes cidades galegas un elenco de importantes artistas internacionais, referentes nos seus respectivos estilos e que na maioría dos casos supuña a súa primeira actuación en Galicia. Mckennit únese así ao británico Ed Sheeran, a primeira confirmación internacional para a edición de 2024.

Loreena Mckennit
Loreena Mckennit | Fonte: Live Nation

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta