Frustrados case unha decena de parques eólicos en Galicia por non superar os trámites ambientais

Trátase dos parques Puza (entres os municipios de Avión e da Lama); Pena Ombra (Guitiriz, Curtis e Sobrado); Pedra Longa (A Estrada, Forcarei e Cerdedo-Cotobade); O Vao (Mazaricos e Outes); Mancelo (Covelo e A Cañiza); Alto da Croa (Dumbría e Vimianzo); A Picota (Mazaricos); A Espada (Agolada e Lalín) e A Costa (Mazaricos, Outes e Muros).

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/12/2023 | Actualizada ás 12:58

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia arquivou preto dunha decena de parques eólicos que non superaron os trámites ambientais, segundo se recolle nas resolucións do Diario Oficial de Galicia (DOG) publicadas este mércores. En concreto, trátase dos parques: Puza (entres os municipios de Avión e da Lama); Pena Ombra (Guitiriz, Curtis e Sobrado); Pedra Longa (A Estrada, Forcarei e Cerdedo-Cotobade); O Vao (Mazaricos e Outes); Mancelo (Covelo e A Cañiza); Alto da Croa (Dumbría e Vimianzo); A Picota (Mazaricos); A Espada (Agolada e Lalín) e A Costa (Mazaricos, Outes e Muros).

En todos estes casos cancélanse e procédese á devolución das garantías económicas depositadas pola empresas enerxéticas para responder as súas obrigacións en relación coa tramitación do procedemento. Así figura nas resolucións da Consellería de Economía, Industria e Innovación, asinadas a finais de novembro polo director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila.

Aeroxeradores
Aeroxeradores | Fonte: Carlos Castro - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta