O PIB de Galicia crece un 4,2% en 2022, un punto por baixo da media española

Segundo os datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE) este luns.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/12/2023 | Actualizada ás 18:53

Comparte esta noticia

O Produto Interior Bruto (PIB) de Galicia creceu un 4,2% en 2022, máis dun punto por baixo da media de España (5,8%), segundo os datos de Contabilidade Rexional publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE) este luns.

Baleares foi a comunidade autónoma con maior crecemento do seu PIB en 2022, cun avance do 12,5%, seguida de Canarias e Madrid, con alzas do 9,7% e do 7,2%, respectivamente O organismo difundiu estes datos tras incorporar a esta estatística rexional a variación do PIB estimada para o conxunto de España en 2022 (+5,8%) publicada o pasado mes de setembro. O crecemento galego ocupa o undécimo lugar. Segundo Estatística, catorce comunidades máis Ceuta e Melilla presentaron en 2022 aumentos do seu PIB superiores ao da Unión Europea (UE-27), que foi do 3,4%.

PIB PER CÁPITA

Galicia, con 25.906 euros por habitante, atópase por baixo dos 28.162 euros do PIB per cápita en España e da Unión Europea (35.440 euros).

Madrid rexistrou o PIB per cápita máis elevado en 2022, con 38.435 euros por habitante, seguido de País Vasco (35.832 euros) e Navarra(33.798 euros). No outro extremo, con menor PIB per cápita, situáronse Melilla (20.698 euros), Andalucía (21.091 euros por habitante) e Estremadura (21.343 euros). Sete rexións superaron o rexistro medio nacional e só dous (Madrid e País Vasco) excederon a media europea.

RENDA DISPOÑIBLE POR FOGAR

Mentres, a renda dispoñible bruta por fogar foi de 15.650 euros, inferior aos 16.480 euros por habitante da media do país. Á cabeza están os 20.865 euros de País Vasco. En cambio, Estremadura é a comunidade con menor cifra (13.378 euros).

Billetes
Billetes | Fonte: EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta