O Parlamento reclama unha estratexia estatal para reforzar a competitividade da industria do aluminio

Tamén instan a que se reforce a promoción do uso do aluminio reciclado

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/12/2023 | Actualizada ás 16:54

Comparte esta noticia

O Parlamento reclamou a creación dunha estratexia estatal que sirva para reforzar a competitividade da industria do aluminio. A iniciativa foi aprobada por unamidade na Comisión 6ª de Industria, Enerxía, Comercio e Turismo do Parlamento de Galicia tras ser presentada polo deputado do PP Moisés Rodríguez.

En concreto, demanda o impulso dunha estratexia sobre a industria do aluminio que avogue pola sustentabilidade e a competitividade do sector a través dun marco de financiamento que, asimimo, permita potenciar o seu internacialización.

Os grupos tamén instan a que se reforce a promoción do uso do aluminio reciclado e de materiais similares que, segundo recolle a iniciativa, son "fundamentais para a transición cara a unha economía circular en futuras modificacións do Código Técnico de Edificación".

FANDICOSTA

Doutra banda, tamén saíu adiante co apoio de todos os grupos unha proposición non de lei dos socialistas nos que apelan á Xunta a colaborar para tratar de buscar unha saída aos problemas do grupo Fandicosta.

En concreto, PSdeG, BNG e PP instan o Goberno galego a "implicarse" dentro do seu marco competencial a "apoiar o mantemento da actividade e do emprego en Fandicosta, colaborando na solución da problemática existente".

Alcoa inviste 8,4 millóns no novo transformador da súa planta de aluminio de San Cibrao
Alcoa inviste 8,4 millóns no novo transformador da súa planta de aluminio de San Cibrao | Fonte: ALCOA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta