A Xunta completa o cribado de cancro de cérvix a toda Galicia

Cumpre co seu obxectivo de facelo antes de finalizar o ano.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/12/2023 | Actualizada ás 20:06

Comparte esta noticia

O Executivo galego completa a extensión do programa de detección precoz do cancro de cérvix e cumpre co seu obxectivo de facelo antes de finalizar o ano.

Segundo informou a Xunta, as mulleres de entres 35 e 65 anos recibirán as invitacións para participar neste proxecto que comezou en Lugo en 2019. Desde os seus inicios xa enviaron máis de 45.000 invitacións e realizaron máis de 33.000 probas ás mulleres que conforman a poboación diana. A través delas detectaron case 2.000 positivos en virus do papiloma humano (VPH), máis dun centenar de lesións pre-malignas e 10 cancros.

O Ministerio de Sanidade marcou 2024 como ano límite para iniciar a implantación deste programa e 2029 como tope para chegar ao 100% da cobertura. Galicia alcanza ese feito cinco anos antes do previsto nun contexto no que outras comunidades autónomas "aínda empezan" este ano as súas probas piloto.

Arquivo probas cancro
Arquivo probas cancro | Fonte: USC

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta