Os últimos lobos da Costa da Morte

Francisco Santiago López, de Corcución é un afeccionado a filmar a natureza. As imaxes máis espectaculares sobre o lobo na Costa da Morte son súas,como proba este novo vídeo difundido polo diario dixital Que pasa na Costa, quen o define como o “Félix Rodríguez de la Fuente da Costa da Morte”.

Por Galicia Confidencial | Corcubión | 19/07/2015 | Actualizada ás 16:37

Comparte esta noticia

No filme,  publicado baixo a marca Signatus Films,  López denuncia as ameazas que están a minguar a pequena poboación de lobos na comarca da fin do mundo. Entre outras, os enormes valados que empregan os gandeiros adicados a gandería extensiva, os parques eólicos e, na súa opinión, un exceso de presión cinexética. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Adiante

Vai tempo que non teño información nova sobre a poboación de lobo en Galiza. Non sei, entón, en qué situación está. Só comento porque tiven a sorte de ver un en liberdade preto de Arteixo e, por se iso pode servir dalgo a quen os defende, e é unha das imaxes mais fermosas que se podan ver ( pola beleza do animal en sí e polo que sinifica en información do estado da vida natural) e que non hai dereito a quitarlle á xente nun futuro.