18F- Besteiro descata que o sector forestal é un dos "alicerces do desenvolvemento rural" de Galicia

Compromete unha xestión forestal "eficaz" nos montes veciñais para aumentar o PIB un 1%.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/12/2023 | Actualizada ás 14:14

Comparte esta noticia

O candidato do PSdeG á presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, comprometeuse a garantir unha xestión forestal "eficaz" nos montes veciñais para aumentar o PIB un 1% e "xerar 120 millóns de euros para os comuneiros".

Besteiro, xunto ao secretario xeral dos socialistas galegos, Valentín González Formoso, reuniuse co Padroado da Fundación Arume, dedicado á defensa do piñeiro e a explotación sustentable e eficaz dos montes galegos con esta especie.

Alí, tal e como trasladou o PSdeG nunha nota de prensa, Besteiro comprometeuse a cooperar co sector privado da silvicultura para xerar riqueza e exemplificou "o fracaso da xestión dos montes públicos por parte do PP", que nos últimos 30 anos "obtivo unha produtividade 10 veces inferior á que se obtén nos montes particulares".

Así mesmo, Besteiro destacou o sector forestal como "un dos alicerces do desenvolvemento rural de Galicia, xunto coa agricultura e a gandaría", e subliñou a importancia do uso produtivo do territorio a través dos pastos, cultivos e terras de labor, porque "protexe o monte dos grandes incendios forestais actuando como unha devasa natural".

O candidato do PSdeG á presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, e o secretario xeral dos socialistas galegos, Valentín G. Formoso, reúnense co padroado da Fundación Arume
O candidato do PSdeG á presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, e o secretario xeral dos socialistas galegos, Valentín G. Formoso, reúnense co padroado da Fundación Arume | Fonte: PSDEG - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta