Por Galicia Confidencial | Ferrol | 19/07/2015 | Actualizada ás 21:59
"Os valores da Xunta dan 33 na Malata. Fin da restrición, xa se pode consumir auga da traída. Agora toca investigar as causas e dirimir responsabilidades, con claridade e transparencia ata as últimas consecuencias". Con estas palabras o alcade de Ferrol anunciaba o levantamento da prohibición a última hora da tarde do domingo no seu Facebook. O levantamento tamén se recollía nun bando:
Remataban así 79 horas de restriccións marcadas por constantes cruces de acusacións entre o municipio e a Xunta. No medio, a decisión da Fiscalía de investigar porque, se os primeiros análises deron positivo o día 6, non se prohibiu o consumo até este xoves.
A Xunta non emitiu polo de agora ningún comunicado oficial sobre a fin das restriccións. A Consellería de Sanidade lanzou, iso si, un mensaxe tranquilizador aos que consumiran auga da billa estes días.
"Trátase dunha alteración puntual de poucos días, que non ten repercusións para a saúde, posto que, a substancia atopada na auga en porcentaxes superiores aos permitidos legalmente, non pode producir efectos nocivos en tomas que non superen hábitos continuados a moi longo prazo, de anos", explicaba esta tarde Sanidade.
Suárez acusou ao goberno de non suministrarlle información directamente, senón a través dos medios. O edil de Ferrol en Común tamén acusou a Xunta de non asumir as súas competencias nunha crise que entendía supramunicipal, ao afectar as restriccións a cinco municipios. Houbo polémica tamén sobre o resultado da anilítica de onte. Sanidade levantou a prohibición nos outros catro concellos, con valores moi lonxe do 100, que marca a salubridade. En Ferrol deu 130 o sábado, pero a mostra tomouse nun edificio de oficinas da propia Xunta. Hoxe deu 33 microgramos de trihalometano.
Dende a Xunta o vicepresidente acusouno de pedir "alegremente" un plan de emerxencia e de ser o responsábel de que a empresa pública municipal non tomara medidas, malia que Sanidade advertiuna días antes da prohibición dos elevados niveles dun derivado do cloro.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.