Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/12/2023 | Actualizada ás 10:17
Un coche e unha furgoneta chocaron na mañá deste mércores entre os quilómetros 7 e 8 da AP-9 en sentido A Coruña, na parroquia de San Pedro de Nós.
Segundo informou o 112, o suceso rexistrouse ás 7,45 horas.O alertador que contactou co servizo explicou que a furgoneta se atopaba envorcada, pero que os ocupantes de ambos os vehículos conseguiran saír ao exterior polos seus propios medios.
No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Betanzos, a Garda Civil de Tráfico, os Servizos de Emerxencias de Oleiros e Cambre e os operarios de mantemento da autoestrada.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.