Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 28/12/2023 | Actualizada ás 18:41
José Ramón Gómez Besteiro, candidato dos socialistas galegos á presidencia da Xunta, apoiou este xoves, na súa visita á Adega Martín Códax, o liderado da viticultura galega, "un sector estratéxico para o rural galego, que conta con todo o apoio do Goberno de España a través de liñas como o PERTE Agroalimentario que inclúe catro proxectos con empresas galegas e 54 millóns de euros en axudas".
Así mesmo, Besteiro puxo en valor os máis de 29,1 millóns de euros de achegas directas do Goberno de España "que van axudar ao sector a manter esa posición de privilexio no mercado nacional e internacional conseguida grazas á súa aposta pola innovación e por unha terra e unhas variedades autóctonas de excelente calidade".
O deputado subliñou a importancia da viticultura galega na fixación da poboación no rural e a súa capacidade de xerar riqueza á súa ao redor. "Falamos dunha actividade tractora que tira doutros sectores económicos nas zonas onde se asenta", dixo, tras o que destacou o potencial do enoturismo.
Na súa visita a Martín Códax, Besteiro interesouse polo espumoso, polos novos produtos da cooperativa e polos efectos do cambio climático, que nos últimos anos provocou un importante adianto no inicio da vendima. Esta iniciativa de Martín Códax, Terras Gauda e Viña Costeira, persegue a validación de técnicas analíticas para o control microbiológico do viño. A día de hoxe é practicamente o único alimento para o cal non existe unha regulación obrigatoria sobre os niveis e tipos de microorganismos que debe conter
APOIO DO GOBERNO DE ESPAÑA
Ademais do PERTE Agroalimentario, Besteiro lembrou que Galicia vai recibir 7,7 millóns de euros do Ministerio de Agricultura para o período 2024-2025 destinados á promoción en terceiros países, reestruturación e reconversión de viñedos, entre outros.
Así mesmo, Galicia conta con tres Plans de Sustentabilidade Turística en Destino vinculados ao sector do viño, para pór en valor os territorios vitivinícolas, a mellora da comercialización ou novos produtos turísticos vinculados á enogastronomía.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.