18F.- Besteiro comprométese con propietarios das Fragas do Eume

"A retirar o actual Plan reitor de uso e xestión destes espazos".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/12/2023 | Actualizada ás 19:09

Comparte esta noticia

O candidato do PSdeG á Presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, comprometeuse con propietarios de parcelas emprazadas nas Fragas do Eume "a retirar o actual Plan reitor de uso e xestión destes espazos" que foi aprobado polo Goberno da Xunta en marzo deste ano. Así o dixo durante unha visita a Pontedeume, onde mantivo un encontro con propietarios de parcelas situadas neste enclave natural, en compañía de alcaldes da zona, que se desprazaron ata o Centro de Interpretación deste espazo verde.

As Fragas do Eume abarcan cinco municipios desta comarca, como son A Capela, As Pontes, Cabanas, Monfero e Pontedeume, e ten máis dun 80% do terreo en mans de propietarios particulares. Segundo Besteiro, a Xunta aprobou este ano un plan de xestión "con máis de 20 anos de atraso, sen ningún tipo de consenso cos propietarios" que está, denunciou, "provocando perdas económicas, impondo normas con total descoñecemento da realidade e recortando dereitos", ha destallado Besteiro.

NOVO DOCUMENTO

Por iso, o socialista comprometeuse, en caso de ser presidente, a derrogar a actual normativa e acordar un novo documento, xa que, ao seu entender, o actual "é inxusto e non formula alternativas como beneficios pola fixación de carbono, pagos pola cesión de uso público ou a compra de terreos a prezos xustos ou axudas compensatorias polas limitacións aos particulares".

Por último, Besteiro defendeu a figura de Parque Natural das Fragas do Eume, pero desde o respecto á propiedade privada garantida constitucionalmente. "Os bosques son un patrimonio natural de todos os galegos e Rueda non pode desentenderse e que os propietarios se fagan cargo dun ben común de interese xeral", dixo. Así, cualificou de "tomadura de pelo" a partida habilitada pola Xunta para a compra das leiras e propuxo estudar outras fórmulas

O candidato socialista tamén pediu "a ampliación e mantemento da estrada de acceso que o PP ten completamente abandonada, a necesidade de aparcadoiros disuasorios nos accesos e a revisión e reapertura das pontes colgantes como un atractivo máis do Parque Natural".

Fragas do Eume
Fragas do Eume | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta