Broche de ouro ao ano dedicado a Fernández del Riego co XLVI Caderno Ramón Piñeiro

O autor foi homenaxeado no Día das Letras Galegas 2023.

Por Europa Press / Redacción | LUGO | 28/12/2023 | Actualizada ás 20:28

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia puxo este xoves o broche de ouro a un ano de celebracións ao redor da figura de Francisco Fernández del Riego, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2023, coa presentación do último volume da colección Cadernos Ramón Piñeiro, titulado 'Francisco Fernández del Riego no río do tempo'.

Foi o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, o encargado de presentar en Lourenzá, a vila natal do autor, este XLVI traballo editado polo Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

García quixo despedir así un ano "moi especial para as Letras Galegas" xa que, "non se homenaxeou só ao polígrafo, ao intelectual, senón tamén ao impulsor desta efeméride sen a cal a día de hoxe xa non entenderiamos Galicia e a lingua galega". Este caderno reúne preto dunha ducia e media de artigos nos que se abordan os principais aspectos da vida e da obra do autor de Vilanova de Lourenzá, segundo explica a Xunta nun comunicado.

"Os diferentes ensaios dan conta do seu labor como intelectual e cidadán nos tempos da República, na Galicia da reconstrución posbélica, nos anos da Transición e tamén nos primeiros pasos do século XXI, pero tamén se ocupan de facetas como o seu traballo como académico na Real Academia Galega (RAG) ou no seu compromiso coa Fundación Penzol que tantos anos dirixiu", engadiu o Goberno autonómico.

Acto en homenaxe a Francisco Fernández del Riego.. USC
Acto en homenaxe a Francisco Fernández del Riego.. USC

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta