As axudas ao aluguer da Xunta poderanse solicitar a partir do 15 de xaneiro

Como novidade, incrementaranse en dez puntos a porcentaxe de axuda que corresponda no caso de que o beneficiario pertenza a algún dos seguintes colectivos: menores de 36 anos e familias numerosas e monoparentais.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/01/2024 | Actualizada ás 18:33

Comparte esta noticia

As axudas ao aluguer da Xunta poderanse solicitar a partir do 15 de xaneiro, segundo informou o delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, a representantes de familias numerosas. O delegado trasladou que a convocatoria para 2024 conta cun orzamento anual de 10 millóns para este ano e doutros 10 millóns para 2025.

Como novidade, incrementaranse en dez puntos a porcentaxe de axuda que corresponda no caso de que o beneficiario pertenza a algún dos seguintes colectivos: menores de 36 anos e familias numerosas e monoparentais. Tamén será para emigrantes retornados a Galicia recentemente e cunha estancia mínima de dous anos fóra de España e persoas inscritas desde fai máis dun ano no rexistro único de demandantes de vivenda protexida.

Anuncio dun piso en aluguer
Anuncio dun piso en aluguer | Fonte: Marta Fernández Xara - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta